1. |
Bágoas
02:02
|
|
||
2. |
Autofaxia
02:52
|
|
||
Só quero ser ósos
Só, nada máis que ósos
Cravar as unllas na carne
Agocharme, covarde, do noxo
Rebentar os cotobelos
en todos os putos espellos
Pintar unha liña de puntos co sangue
Labrar cos cristais o corpo sobrante
Só quero ser putos ósos
Dime, por que non podo?
Inconsistente, desprezable
Seica merezo algo?
Rexeitada, desprezable
Seica merezo algo máis que fame?
Só quero que acabe esta puta tortura
Só quero que me atopes morta no chan
Só quero que acabe esta puta tortura
Quizais entre sangue e tripas mereza axuda
Pola miña culpa, pola miña culpa, pola miña gran culpa
Pola vosa culpa, pola vosa culpa, pola vosa puta culpa.
|
||||
3. |
Lume
01:43
|
|
||
Somos a prole mendiga
Bañada co sangue e suor
Vosos primoxénitos mortos
Han pagar a nosa dor
Condeados á miseria
Os ollos enchidos de lama
Erguestes o voso imperio
Cos ósos probes das escravas
Lume ás vosas cidades
Lume ao silencio invasor
Lume ao cadaleito podre
Do voso deus opresor
Quéimanos na gorxa o lume
|
||||
4. |
Galeras
02:35
|
|
||
Es feliz coa túa rutina de miseria?
Abres os ollos, de volta á cadea
Maino é o preso que asume as reixas
Que has pensar cando vexas a morte cerca?
Rosman os vellos "xuventude vaga"
Aulas sen tregua, a vida esmagada
Esperta
Estas a malgastar a única vida nesta merda
Esperta
Vou romper os grilletes aínda que cos dentes sexa
Consume toda a merda que escupe a pantalla
Esquece a miseria, reforza as cadeas
Precisan os teus brazos eslumidos nas galeras
Has chegar lonxe... na cola do paro
Augurio de anos futuros sedado
Farlopa, golf e putas para o fillo de papá
Ti tragas cunha birra outro puto Diazepam
O borracho do andamio, agora con receita
Meros sacrificios aos engranaxes do sistema
Sen ver a luz do sol, amences aínda noite
Salaias, impotente, mentres a vida corre
Non podes coa rutina?
Non serves no sistema
Alprazolam, anfetamina, e volta á cadea
|
||||
5. |
Ouvidos de Rabia
01:53
|
|
||
Berra ata senti-lo sangue,
E deixe de tinguir as rúas
o sangue das nosas irmás
Berra pola berro ausente
roubado da gorxa das mortas
Berra polos vermes que as desfán
Berra ti tamén os cravos
que enferruxan na ferida,
o instante no que che arrincaron
impunes, a túa vida.
Berra todo que calaches,
berra por fin todo o medo.
Berra o noxo e a rabia
Que che taladra no peito
Berra as bágoas que chorastes
sen valor pra dicir nada
Berra polo oído sordo
ante os ouvidos de rabia
|
||||
6. |
Cacería Salvaxe
01:08
|
|
||
Discúlpeme vostede,
teñen fame os cans,
fin da diplomacia,
arriba as mans,
Non ha quedar pedra do teu puto imperio,
Hoxe é o patrón quen rilla no pan vello
Fuxe ó teu chalé,
rézalle ao teu deus
Co teu puto diñeiro
compra algunha fe
Quen che salvará agora?
Tes algo que temer?
Os cans están rabiosos,
de vervos morrer
Os cans están famentos,
e a fame non ten lei.
|
||||
7. |
Discípulos de Pilato
02:13
|
|
||
Coma Pilato fixo
lavádesvos as mans
Se o sangue non vos salpica
calades como cans
Silentes cómplices dos asasinos
a quen tanto medo tedes de calumniar
Sempre dubidando da vítima xulgada
mentres dis que non es quen para xulgar
¿E se están a ser difamados por unha tola?
Non erredes e seguide
dando acubillo á toda a puta escoria
Ollando cara o lado, cubrídesvos as costas
Vos sodes o puto niño de raposas
Dende a postura do inato privilexio
Manterte calado éche o máis sinxelo
Coas mans diante dos ollos, a vida segue para vós,
e eu agardo que a morte chegue
Ollando cara o lado, cubrídesvos a costas
Vos sodes o puto niño de raposas
|
||||
8. |
Servir e Protexer
01:50
|
|
||
Traidores
Noxentos asasinos
Costeando unha existencia
mediocre e miserable
mallando nas costas dos vosos iguais
Escoria
Escravos sen grilletes
Valeiros de moral
Vendido
Porco Delator
Cubre ben as costas ao pasar
A Xustiza non é cega
Ségueche na noite
Armada cun puñal
Falsos defensores
Dun pobo asoballado
Que máis vos vale temer
Miserable coma min
Lambe ben as botas
Da escoria á que votas que che dá de comer
Hai moita madeira e sobranos o lume
Se non hai para comer
canibaliza o brazo da lei
Servir e protexer
|
SACROSANTA DECADENCIA OCCIDENTAL Salamanca, Spain
Crust with a metallic sound, Sacrosanta Decadencia Occidental is born in 2022. Old Spanish crust acquaintaces like Jorge Azofra (drums in Sinergia, Ulzera, and a long etc) meet new blood by the hand of Edu (Amhra, Flipe VI) at the guitar, Dann (Cheddar) at the bass and María Banshee (Dystopian Omen) at the vocals/lyrics. ... more
Contact SACROSANTA DECADENCIA OCCIDENTAL
Streaming and Download help
If you like SACROSANTA DECADENCIA OCCIDENTAL, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp